12 de feb. de 2016

PAOLA SPERBERG, CANTANTE DE ÓPERA CHILENA AFINCADA EN COMPOSTELA

Paola Sperberg, nai de Agustín Gallagher Sperberg, alumno de 3º ESO do IES Eduardo Pondal, cóntanos por que elixiu Compostela para vivir, logo de algúns anos de residir en Tenerife.


                                             

Paola naceu en Concepción (Chile) e comezou moi noviña a interesarse polo canto, pois con oito anos xa formaba parte do coro do Colegio Metodista de Concepción. Continuou cos estudos musicais e, aínda que se matriculou na Universidade en Enxeñaría Civil, preferiu finalmente deixarse levar pola música, adicándose á opera, actuando con diversos coros de Paraguay e Chile. En Canarias participou no Coro da Ópera de Tenerife. Desde hai catro anos reside en Compostela, onde lle gusta moito vivir, porque lle parece un lugar  moi tranquilo.
 
Paola Sperberg
Poder interpretar ópera a diario no marco incomparable dunha Cidade Patrimonio da Humanidade, á beira da Catedral,  baixo o Arco de Xelmírez, é todo un luxo, e para os que pasamos por alí, tamén é un luxo poder escoitala.

Paola tivo a ben interpretarnos unha versión en galego do Coro dos escravos, de Nabucco. Agradecémosllo moito este esforzo por colaborar na normalización da nosa lingua.

LIBERDADE, LIBERDADE
(Coro do terceiro acto de Nabucco, de Giuseppe Verdi)

Cando cantas, eu canto coa túa liberdade
cando choras, tamén choro a túa pena
cando tremes, rezo pola túa liberdade
nos risos e nos choros, eu ámote

Lembrar un día sen luz, da túa miseria
o meu país esqueceu por un tempo quen eras
cando cantas, eu canto coa túa liberdade
cando ti estás ausente, eu espero...

É a túa relixión ou quizais realidade
unha idea revolucionaria
creo (eu) que ti es a única verdade
a nobreza da nosa humanidade

Por salvarte podemos loitar
esperarte sen desfalecer
cando cantas, eu canto coa túa liberdade
nos risos e nos choros, eu ámote

A canción de esperanza
é o teu nome e a túa voz
e a historia vainos levando cara á eternidade
Liberdade liberdade...

Ningún comentario:

Publicar un comentario