"Santiago en choiva" é unha composición de Lucía Bañobre Álvarez, interpretada a piano pola propia Lucía. Achegamos a partitura da composición, do seu puño e letra.
Este blog,creado para a Aula de Patrimonio, programa pedagóxico para escolares das Cidades Patrimonio da Humanidade, está realizado pol@s alumn@s de 3º ESO do IES Eduardo Pondal, coa coordinación da profesora Mercedes Espiño.
25 de xan. de 2016
SANTIAGO EN CHOIVA
"Santiago en choiva" é unha composición de Lucía Bañobre Álvarez, interpretada a piano pola propia Lucía. Achegamos a partitura da composición, do seu puño e letra.
800 anos da nosa Catedral
Na seguinte ligazón poderedes ver unha presentación de diapositivas sobre a evolución na construción da catedral de Santiago.
https://docs.google.com/presentation/d/18ChPwFMETYt9X3J6qbByZoDncRCEg55g0On0SAgX-ak/pub?start=true&loop=false&delayms=5000
https://docs.google.com/presentation/d/18ChPwFMETYt9X3J6qbByZoDncRCEg55g0On0SAgX-ak/pub?start=true&loop=false&delayms=5000
24 de xan. de 2016
UN REGALO DE MAR, VALERIA E TOMÁS: NOITE DO MUNDO
Mar, Valeria e Tomás fixéronnos un regalo para o noso blog intercultural: a adaptación musical do poema "Noite do mundo" que o poeta chairego Xosé María Díaz Castro publicou no seu poemario NIMBOS.
Mar Pérez Sar escribiu a música, tócaa e canta a letra do poema, mentres Valeria María Sáa Freire fai unha interpretación multicultural do poema, con razas e cores mesturadas, e ollos que nos miran, e caras que nos observan. Tomás Otero Casal é o técnico de gravación e de montaxe.
Tres alumnos do IES Eduardo Pondal que sempre nos deron moitas alegrías!
“Noite do mundo”
¡Noite do mundo,
oco de estrela arrincada,
onde teimo verte
de repente arder
sobre a miña vida
case consumida
na ourela da nada!
Ai ter teu alento
no meu rostro ó fin,
e eu diante os teus ollos
derrubarme en lus,
esvaerme no aire
que ti vas beber,
ser o teu rastro, ser
o teu eco perdido
e, case, non ser.
NAJLA SHAMI INTERPRETA A ROSALIA NUN DOS MONUMENTOS DA NOSA COMPOSTELA PATRIMONIAL
Na entrevista que lle realizamos, Najla Shami falounos tamén de Rosalía de Castro, e de Compostela.... Que mellor que a súa interpretación do poema "Negra Sombra" de Rosalía nun lugar tan emblemático como é o convento de Bonaval?
NAJLA SHAMI FAI UN PASEO POLA COMPOSTELA PATRIMONIAL COA SÚA CANCIÓN "CAMIÑO BRANCO"
Gustounos moito entrevistar a Najla Shami, porque nos parece unha artista patrimonial e intercultural, como a nosa Compostela. Aínda nos gustou moito máis comprobar como o video oficial da súa canción "Camiño branco" percorre algúns dos recantos composteláns que ela nos confesou como "especiais" para a súa vida.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

