24 de xan. de 2016

UN REGALO DE MAR, VALERIA E TOMÁS: NOITE DO MUNDO


Mar, Valeria e Tomás fixéronnos un regalo para o noso blog intercultural: a adaptación musical do poema "Noite do mundo" que o poeta chairego  Xosé María Díaz Castro publicou no seu poemario NIMBOS.
Mar Pérez Sar escribiu a música, tócaa e canta a letra do poema, mentres Valeria María Sáa Freire fai unha interpretación multicultural do poema, con razas e cores mesturadas, e ollos que nos miran, e caras que nos observan. Tomás Otero Casal é o técnico de gravación e de montaxe.
Tres alumnos do IES Eduardo Pondal que sempre nos deron moitas alegrías!
 

  “Noite do mundo”

¡Noite do mundo,
oco de estrela arrincada,
onde teimo verte
de repente arder
sobre a miña vida
case consumida
na ourela da nada!
Ai ter teu alento
no meu rostro ó fin,
e eu diante os teus ollos
derrubarme en lus,
esvaerme no aire
que ti vas beber,
ser o teu rastro, ser
o teu eco perdido
e, case, non ser.

Ningún comentario:

Publicar un comentario