OS QUE ESTABAMOS AQUÍ
UXÍA GÓMEZ TORREIRA
Desde 5º curso de primaria levo con compañeiros inmigrantes na miña clase, pero non tiven moito trato con eles e elas. Agora que estou xa en 3º da ESO, teño dous compañeiros inmigrantes, un de Palestina e outra do Perú, e lévome ben con eles.
Penso que lles dou un bo trato, que me comporto como unha boa
compañeira, e bótome moitas risas con eles. Trátoos como o que son, uns
amigos máis, xa que non discrimino a ninguén nin pola raza nin pola súa
cultura, pois iso non é o importante.
VÍCTOR GONZÁLEZ ALMENA
VÍCTOR GONZÁLEZ ALMENA
Acollida
aos meus compañeiros estranxeiros
No tempo que levo indo ao colexio de Roxos e ao Instituto Eduardo Pondal, tan
só compartín clase con dous compañeiros estranxeiros, un rapaz e
unha rapaza.
O
primeiro deles foi Mudi, de Palestina. Empecei a estar no colexio e na
mesma clase con el no curso de 3º de primaria en Roxos. Cando
chegou, a nosa titora explicounos un pouco a súa historia, por que
se atopaba en España e como o tiñamos que acoller. Pero a maior
parte dos seus costumes, relixión, lingua e motivo da súa marcha de
Palestina fóinolo contando el co paso do tempo. Ao principio era moi
tímido e, aínda que non tardou moito en aprender ben o
castelán e o galego, case non falaba connosco e nos recreos ía á
biblioteca coa súa irmá Sara. Pero os demais mais eu, ao longo do
curso, fomos facendo pouco a pouco amistade con el, interesándonos
pola súa vida en Gaza, a súa relixión e os seus costumes. Co tempo,
grazas á nosa axuda, Mudi converteuse nun máis e perdeu calquera
resto da timidez que tiña entón. Invitounos aos seus cumpres e
nós a el, xogaba ao fútbol ou brilé connosco no recreo, facíamos
traballos xuntos, etc. En resumo, todos os nenos e nenas acollimos
moi ben a Mudi e os nosos pais e nais en pouco tempo deron tamén
unha boa acollida á súa familia.
A
outra compañeira estranxeira é Estefany, de Perú. Coñecina
cando cheguei ao Eduardo Pondal en 2º da ESO. Nese momento, ela xa
tiña algúns amigos na clase, pero a maioría estaban noutros cursos
ou noutras clases. Eu non teño moita relación con ela, pero sinto
que está integrada e que foi ben recibida tanto polos alumnos como
polos profesores. Paréceme que está ben connosco.
ALICIA JARDÓN FERNÁNDEZ:
TODAS AS PERSOAS SOMOS IGUAIS
Levo aproximadamente uns oito anos cun compañeiro que veu de Palestina, e tres anos cunha compañeira de Perú.
Agora a pregunta que estaredes a pensar será como nos fixemos amigos, porque por fóra somos moi distintos. E eu direivos: iso non ten nada que ver coa amizade. Por moi distintos que poidamos parecer, todos somos iguais por dentro, que é o que inflúe de verdade. Na amizade non importa de onde sexas, nin as diferenzas, pois dúas persoas moi opostas poden ser amigas.
Penso que todo o mundo debería levarse ben, e que non debería existir o rexeitamento a persoas alleas ao noso país.
Agora a pregunta que estaredes a pensar será como nos fixemos amigos, porque por fóra somos moi distintos. E eu direivos: iso non ten nada que ver coa amizade. Por moi distintos que poidamos parecer, todos somos iguais por dentro, que é o que inflúe de verdade. Na amizade non importa de onde sexas, nin as diferenzas, pois dúas persoas moi opostas poden ser amigas.
Penso que todo o mundo debería levarse ben, e que non debería existir o rexeitamento a persoas alleas ao noso país.