NAJLA, UN NOME ÁRABE QUE SIGNIFICA PALMEIRA OU NENA DOS OLLOS GRANDES
A nosa entrevista a Najla Shami, dividímola en cinco partes, tratando os temas dos que nos interesaba a súa opinión. Foron reporteiros Mudi Ashour, Nerea Santos, Alexandra Calvo e Jorge Rodríguez.
Neste apartado fálanos da súa vida. Najla é unha palmeira, con imensos ollos que miran todo con curiosidade e cariño.
Preguntas:

1.-
Poderías facernos un pequeno resumo da túa biografía e dos lugares
en que residiches e que influíron na túa formación como persoa?
2.-
Foches á escola en Santiago? A cal ou cales? Sentícheste integrada?
Lembras algún momento discriminatorio por seres filla de
estranxeiro?
3.-
Cantos anos da túa vida viviches en Compostela? Algunha vez
sentícheste discriminada en Compostela pola túa apariencia física?
4.-
Cal das tres culturas, árabe, galega ou arxentina, influíu máis en
ti, no teu carácter, na túa visión do mundo?
De entre as súas respostas destacamos as seguintes afirmacións:
"Sempre me sentín moi integrada. Eu
tiven moita sorte. Penso que é unha idiosincrasia do pobo galego,
que son xente que recibe a todo o mundo cos brazos abertos, nunca
notei ningún tipo de racismo, de malas maneiras, nunca".
"En min influíron as tres culturas xuntas. Ata
agora tiven máis influencia da galega, pero agora moita máis
influencia da árabe".
Ningún comentario:
Publicar un comentario