OS QUE VIÑEMOS DE FÓRA
RECIBIMENTO
E INTEGRACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
MUDI ASHOUR chegou desde Palestina:
Son Mohammed Ashour (Mudi), teño catorce anos, sete deles en Santiago de Compostela. Cheguei a Santiago o día 19 de Decembro de 2007, e ata o día 8 de Xaneiro de 2008 non fun á escola. Fun ao primeiro curso de primaria en CEIP de Roxos. O primeiro día que fun alí foi algo estraño para min, xa que non coñecía a ninguén e todos falaban un idioma que eu non falaba nin entendía, pero consonte foi pasando o tempo, ía aprendendo a lingua mentres ía facendo novos amigos.
Encóntrome moi ben nesta cidade, pero sei que a
miña integración foi grazas ao esforzo en parte tamén dos meus
compañeiros e dos meus profesores, de todos os que me deron aulas ata a
actualidade, e dos que han de vir, estou seguro de que me ensinarán máis cousas das que sei.
O trato tamén foi moi especial, sobre todo na escola, xa que era
novo alí e non levaba tempo.
ESTEPHANY CRISTEL AGUILAR veu desde Perú:
Eu son Esthefany, teño
catorce anos e son peruana, vouvos contar como foi o trato que
recibín na cidade de Santiago dende que cheguei ata agora.

Agora estudo no IES
Eduardo Pondal, a maioría dos meus compañeiros do colexio están
aquí, pero pouco nos relacionamos. Ao longo dos anos coñecín
persoas que tamén son doutro país e sentinme ben con elas, e hai un
rapaz que é de Palestina que vai na miña clase como o ano anterior.
Xeralmente síntome moi
ben aquí en Santiago, aínda que non coñezo demasiado a cidade
completa, quixera que as persoas me ensinaran moitas máis cousas que
elas saben e eu non.