SOMOS INTERCULTURAIS?
O alumnado de 3º ESO opina
LUCÍA BAÑOBRE: BRASIL, PERÚ, PALESTINA, INDIA... TODOS CABEN NA PEQUENA COMPOSTELA
A interculturalidade que produce a inmigracion é moi importante á hora de pensar en Santiago. A mestura de culturas, a influencia na música, arte e linguaxe; a gastronomía... todo iso vese adaptado aos distintos costumes e gustos de cada persoa, veña de onde veña e sexa como sexa. Sempre me fixei no trato que se lle dá á xente estranxeira nesta cidade, e moi poucas veces me topei con casos de maltrato ou abuso. Na miña clase dende primaria sempre houbo xente de distintas partes do mundo: dende Brasil, Perú e Palestina, até Bolivia, Arxentina e a India, cada unha diferente á outra en todos os sentidos, pero todos e todas "persoas".
CARLA COUSO: TODOS SOMOS HUMANOS E TODOS TEMOS OS MESMOS DEREITOS

Polo contrario, na ESO, ese comportamento xa se ía distorsionando, xa se facían comentarios desagradables.
No meu centro educativo fanse desprezos, pero non excesivamente. Penso que, cando menos, a maioría intenta non ter ese comportamento. Ás veces fanse comentarios, pero non con intención de ofender.
Espero e desexo que os que teñan esa forma nefasta de pensar, fagan un esforzo para que lles desapareza da súa cabeza, xa que, ante todo, todos somos humanos e TODOS temos os mesmos dereitos.
MARTIN CABADA: DE COMO EU ACEPTEI A MUDI
Eu estaba en primeiro de primaria e
contáranme que viñera un neno árabe ao noso colexio, o CEIP de Roxos. El
tiña a mesma idade que a miña, pero retrasárono un curso para que
puidese aprender o noso idioma. Con él ía a súa irmá, Sara, que
ten un ano menos ca el. Tras un ano de aprender a lingua, veu para a nosa clase e o primeiro
día xa falamos e comezamos a ser amigos. Todos os recreos baixabamos
e íamos xogar ao fútbol coa clase. Estiven con Mudi desde segundo
de primaria ata sexto. Despois fomos ao IES Eduardo Pondal,
queríamos que nos tocase xuntos, pero non foi así. Tocounos en
clases distintas. En segundo da ESO nonvolvín a estar con el, pero estiveron Agustín Gallagher e Ramiro López. Con eles tamén
estiven moi ben, sempre con eles, Ramiro é arxentino e Agustín é
canario das illas Canarias. Non é doutro país, pero tampouco era de
aquí. En terceiro da ESO por fin tocoume con Mohamed na mesma clase.
Tamén con Stephany, que é de Perú. Con Agustín sigo en contacto e
vou volvelo ver na excursión de Salamanca. Ramiro repetiu segundo,
unha pena, pero se non estuda é normal que repita. Cando vin a Mudi na miña
clase, alegreime moitísimo, porque quería estar con el na mesma
clase, porque sei que íamos divertirnos moítisimo el e mais
eu.
ALEJANDRA CALVO: A MIÑA PROPIA EXPERIENCIA COMO COMPAÑEIRA DE ALUMNOS INMIGRANTES
Cando era máis pequena,
na etapa da primaria, compartín clase cuns cantos rapaces que eran
inmigrantes. Sempre procurábamos, os meus compañeiros máis eu, que se
integraran e fixeran amizades, para conseguir que e sentisen como na
casa. Sempre
xogabamos xuntos e facíamos tarefas en grupo con eles, sen ningún
tipo de prexuízos. Non os tratabamos como se fosen algo diferente,
nunca fomos así.

Unha vez entrei no IES Eduardo Pondal, atopei moita máis variedade de culturas, razas e relixións das que eu estaba acostumada. Pero a miña visión non cambiou.
A min, persoalmente, gústame coñecer xente doutras culturas, porque con eles podes aprender e descubrir costumes ou curiosidades que non sabía, e eu podo ensinarlles as de aquí. É un bo xeito de adquirir tolerancia e respecto.
BRAIS RODRÍGUEZ ALBÁN: COMPOSTELA SEN CHOIVA QUE BONITA É....
A pesar de que Santiago non é una cidade demasiado
grande, pois só ten cerca de 100.000 habitantes, presenta unhas
características especiais que a igualan con cidades moitísimo máis grandes: a grande cantidade de xente de todo o mundo
que a visita cada ano.
Ao ser unha cidade tan cosmopolita,
resulta atractiva para a xente doutros países que buscan
unha oportunidade para mellorar a súa calidade de vida e encontrar un
traballo.

O
único ao que creo que non se afan, pero non podemos facer nada, é
ao clima tan chuvioso, creo que iso é o que peor leva a xente que decide
quedarse a vivir aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario