3 de feb. de 2016

SÓLO PARA LER DESPUÉS DE HABER HECHO EL JUEGO DE PISTAS POR COMPOSTELA MONUMENTAL

RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS DO XOGO DE PISTAS SOBRE A  CIDADE HISTÓRICA

1.- No capitel do centro hai un anxiño ao que se lle ve moi claramente a regaña e o ollo do cu. Lévase a xente alí, tapándolles os ollos, colócaselle o dedo índice no ollo do cu, díselle que pida un desexo e, cando xa o teña pedido, destápanselle os ollos e déixaselle mirar onde ten colocado o dedo índice.
2.- Intelectual, galeguista, alcalde republicano de Santiago, fusilado en 1936. Que copien o que di a placa.
3.- Os estudantes colocábanse de costas á arbore da ciencia, estiraban calquera dos brazos, e agarraban unha das pólas da árbore, logo matriculábanse na carreira que lles tocara.
4.- María Castaña foi unha muller da Idade Media, campesiña, que se rebotou contra o bispo de Lugo por mor dos desmáns deste.
5.- Don Gaiferos de Mormaltán foi un cabaleiro francés que no século XIV peregrinou a Santiago, morrendo diante do Pórtico da Gloria da Catedral, feliz porque Santiago Apóstolo obrara o milagre de deixalo chegar vivo a Santiago e pisar a Catedral.
6.- Airas Nunes foi un trobador, un poeta galego medieval, de Santiago, autor de varias cantigas de amigo e de amor.
7.- Desde as dúas esquinas do Pazo de Raxoi: á dereita de Raxoi xunto ao muro que dá á Costa do Cristo, a rentes do Hostal dos Reis Católicos; á esquerda de Raxoi, xusto desde as escadas polas que se baixa cara ás Casas de Compostela.
8.- Igrexa de San Fructuoso ou das Catro Sotas, estilo churrigueresco, século XVIII, porque no alto se representan as Catro Virtudes Cardinais (Prudencia, Xustiza, Fortaleza e Templanza) con catro damas e cada unha leva un símbolo: ouros, bastos, copas e espadas.
9.- Montero Ríos, político galego no Goberno español nos anos..., señor de Lourizán (Pontevedra). Esta estatua estivo colocada no centro da Praza do Obradoiro.
10.- Alfonso II O Casto, primeiro rei peregrino, rei de Asturias, ano......
Chiste sobre isto: Que diferenza hai entre Alfonso II O Casto e Carlos III o Impotente? “Un quería, pero non podía. Outro podía, pero non quería...”
11.- O acibeche é madeira de árbore petrificada. Tráese de Asturias porque en Galicia non se dá esta petrificación da madeira, por mor do Ph do solo.
12.- As xoias /alfaias tradicionais compostelás realizábanse con ACIBECHE e PRATA, as prazas son a de PRATERÍAS e a da ACIBECHERÍA (século XVIII), nas fachadas Sur e Norte, respectivamente, da Catedral.
13.- Cinco rúas ou cinco calles:
Rúa do Preguntoiro, Travesa de Altamira, Rúa de Xelmírez, Rúa do Castro e Rúa da Caldeirería.
14.- Porta Faxeira está a Farmacia de Gómez-Ulla, pode ser de 1891, dio alí.
15.- Porta da Mámoa: Café-bar Derby, onde Valle-Inclán habitualmente ía tomar o café.
16.- O Arco de Mazarelos é a única porta que se conserva da primitiva muralla. “Por esta porta entraban os bos viños do Ribeiro á cidade”, segundo conta o Códice Calixtino, guía de peregrinación composta polo ano 1130.
17.- Torta de Santiago: leva améndoa moída como base, fariña, azucre e ovos. A cruz de Santiago vai debuxada enriba.
18.- Praza do Toural: o xigante Atlas leva ao ombreiro a bóla do mundo. Contan que a tirará cando pase por debaixo unha virxe. Mais a bóla do mundo segue impertérrita desde o século XVIII no ombreiro de Atlas.
19.- Farmacia Bescansa: ten un teito de artesoado de madeira precioso e digno de perder un anaco contemplándoo. Tamén é moi bonita a colección de botes de farmacia que teñen dentro.
20.- Padre Sarmiento: foi un dos Ilustrados do século XVIII. Defensor da escola en galego, lingüista, filólogo e intelectual galego ilustrado.
21.- “Casa das pomas”: chámase así polos adornos de mazás que hai na fachada.
22.- Os banzos das escadas da Praza de Praterías non se poden subir de dous en dous porque son impares.
23.- Maruxa e Coralia Fandiño eran dúas irmás que baixaban todos os días á mesma hora, antes de xantar, a dar o seu paseo habitual por Santiago desde o seu enderezo, na Rúa do Espírito Santo até a Alameda. Vestidas de cores rechamantes e pintadas como na súa mocidade (anos 30 e 40 do século XX). Encantáballes que os estudantes lles dixesen piropos. Recórdoas moitas veces polo Preguntoiro e pola Caldereiría.
24.- O arcebispo Alonso III de Fonseca foi un grande protector das artes e das letras. Fundou o Colexio de Fonseca para colexio de estudos de teoloxía e comezouse a súa construción en 1532.
25.- Os “anxos con gafas” de Santa María Salomé (románica, século XII pero coa torre barroca, do século XVIII) encóntranse nas dúas columnas do retablo, un á esquerda e o outro á dereita do altar.
26.- A Virxe preñada do pórtico de Santa María Salomé leva un vestido longo e un manto. É unha das moi poucas representacións románicas da virxe neste estado.
27.- A Casa do Cabido, na praza de Praterías, é só unha fachada realizada por Fernández Sarela en 1758. O fondo mide metro e pico, non chega aos dous metros. Non foi unha casa feita para vivir, xa que se levantou unicamente coa intención de cerrar harmonicamente a praza cun edificio que non desmerecese o resto das construcións.
28.- É unha broma típica: díselle á xente que ten que buscar baixo a auga da fonte as colas dos cabalos e, cando miran moi atentamente, móllaselles coa auga da fonte.
29.- A Raíña Lupa mandaba na comarca de Padrón e Compostela cando chegaron a Padrón Apolodoro e Atanasio co corpo de Santiago Apóstolo. Tras certas vicisitudes, cedeulles os terreos para enterrar a Santiago e converteuse ao cristianismo.
30.- Igual que a brincadeira anterior, pero aquí cómpre buscar os pés de Cervantes coa conseguinte ducha.
31.- Chámaselle á Praza do Obradoiro a Praza de Cataluña porque aí están:
O Hostallll, a Catedrallll, a Rectorallll e a Casa Consistoriallll.
32.- A Casa da Parra, barroca do século XVIII, na Quintana de Vivos, chámase así porque ten unha parra por diante que dá uvas. Isto é moi típico da Galicia rural, mais na Galicia urbana apenas se encontran casos como este de “parra” nas fachadas.
33.- A rúa de Entrerrúas debe ter menos de UN metro de ancho, non caben dúas persoas xuntas e, cando chove, non se pode ir nela con paraugas, posto que tampouco colle, cómpre levalo cerrado.
34.- A Casa da Troia é o título dunha novela de Alejandro Pérez Lugín, baseada na historia da pensión de estudantes que rexentaba a Señora Troia no edificio que é hoxe Museo da Tuna Universitaria. Nesta novela, moi do estilo romántico e cursi de principios do s. XX, cóntanse aventuras, desventuras e amoríos dos estudantes composteláns.
35.- Cerámica de Sargadelos, provén de Cervo, entre Viveiro e Burela, no Norte de Lugo. A base da cerámica é o CAOLÍN. As cores tradicionais desta cerámica son BRANCA e AZUL, aínda que agora tamén se fan outras cores. Houbo outra fábrica de cerámica fina, Cerámica do Castro, en Sada-Coruña, pero a cor tradicional usada era só a BRANCA.
36.- A tenda “Cacharros” de cerámica tradicional de Buño, cerca de Carballo, ao oeste de Coruña. O material utilizado é o BARRO, e en Buño hai moitísimos obradoiros de oleiros.

XOGO DE PISTAS: COÑECER COMPOSTELA XOGÁNDOMOS

Material necesario para cada grupo de 3 o´4 alumnos: MAPA DE COMPOSTELA, BOLÍGRAFO, CÁMARA DE FOTOS.
Se dividen las preguntas en grupos (9 ó 10), se reparten a cada grupo, que tendrá que recorrer el casco histórico, responder a las cuestiones y hacer una fotografía en cada lugar, para dejar constancia de la visita.
36 PREGUNTAS PARA EL JUEGO DE PISTAS


Sara diante do capitel do Xubileo Pagano
1.- En la Rúa do Vilar, nº 17, hay unos arcos con capitel. En uno de esos capiteles se realiza el “Jubileo Pagano”, en que consiste? (Preguntar en las tiendas de al lado, o café Airas Nunes).
 


Ánxel Casal, galeguista, editor, alcalde de Compostela fusilado

2.- En la Rúa do Vilar, nº 17, hay unos arcos con una placa dedicada a Anxel Casal, ¿quién fue Anxel Casal?

  


 






Adrián e Alán na "árbore da ciencia"
3.- En la Rúa do Franco, cerca de la Praza do Obradoiro, en el edificio del Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, está el “Árbol de la Ciencia”. ¿Qué hacían en este árbol, tradicionalmente, los estudiantes cuando llegaban por primera vez a Santiago? (Podéis preguntarlo en el propio Instituto)

                
                                                              

María Castaña, defensora de Lugo

4.- En la Rúa da Raíña, nº 19, hay un bar que se llama MARÍA CASTAÑA. ¿Quién fue María Castaña?




Pedro xunto ao Restaurante Don Gaiferos


5.- En la Rúa Nova, nº 23, hay un restaurante que se llama Don Gaiferos. ¿Quién fué este caballero, Don Gaiferos de Mormaltán? (Podéis preguntarlo en el propio restaurante)  

      
Pedro diante da cafetaría Airas Nunes


6.- En la Rúa Nova, nº 17, está la cafetería AIRAS NUNES. ¿Quién fue Airas Nunes? ¿Qué hizo?












Sara e Carla no lado oposto da Catedral

Sara coa catedral ao fondo


7.-¿Desde qué dos lugares de la Praza do Obradoiro se puede fotografiar la fachada completa de la Catedral de Santiago

8.- A la izquierda de la Praza do Obradoiro, hay un pequeño mirador sobre la parte baja de la ciudad, la Rúa das Hortas. Desde allí se ve la iglesia de San Fructuoso, conocida como la “Iglesia de las Cuatro Sotas”, ¿Por qué se llama así?



Sara na Praza de Mazarelos


A estatua de Eugenio Montero Ríos
 9.- En la Praza de Mazarelos hay una estatua que representa a un hombre vestido con toga. ¿Quién es este hombre?
  



Brais con Afonso II O Casto

10.- En la Rúa do Castro, cerca de la Facultad de Xeografía e Historia, hay una estatua dedicada a ___________________, que fué el__________________________, en el año ___________.






11.- Las joyas tradicionales compostelanas se realizan con plata y azabache. ¿Qué es el azabache? ¿De dónde viene? ¿Por qué?

12.- Las típicas joyas compostelanas están realizadas con dos materiales. ¿Qué materiales son esos? ¿En que partes exteriores de la Catedral se encuentran las dos plazas que llevan el nombre de estos dos materiales? ¿Cómo se llaman las dos plazas?

Pedro nas "Cinco Rúas". Contounas?
13.- Hay un cruce de calles que se llama “As cinco rúas” ou “Las cinco calles”. ¿Qué calles se unen en este cruce del casco histórico de Santiago?











14.- Para poder entrar en el Santiago histórico había una serie de puertas que daban acceso a la ciudad: Porta Faxeira, Porta da Mámoa, Arco de Mazarelos, Porta do Camiño, Porta da Pena... En Porta Faxeira hay una farmacia antiga, ¿cómo se llama? ¿En qué año se fundó?

15.- Para poder entrar en el Santiago histórico había una serie de puertas que daban acceso a la ciudad: Porta Faxeira, Porta da Mámoa, Arco de Mazarelos, Porta do Camiño, Porta da Pena..... ¿Qué cafetería típica, tipiquísima, de Santiago, se encuentra en la Porta da Mámoa? ¿Quienes eran los intelectuales más importantes que se reunían allí? (Hay que preguntarlo en la Cafetería)


Adrián e Martín no Arco de Mazarelos
16.- Para poder entrar en el Santiago histórico había una serie de puertas que daban acceso a la ciudad: Porta Faxeira, Porta da Mámoa, Arco de Mazarelos, Porta do Camiño, Porta da Pena... En el Arco de Mazarelos hay unha placa que explica la mercancía que entraba a través de esta puerta a la ciudad. ¿Cuál era esa mercancía? ¿Qué documento histórico nos dá esa información?
              
       
             




17.- Pregunta en cualquier panadería o pastelería cuáles son los ingredientes de la típica torta de Santiago.


Atlas co mundo sobre os seus ombreiros
18.- En la Praza do Toural, en lo alto del Pazo de Bendaña (siglo XVIII), hay una estatua del gigante Atlas, ¿Qué lleva Atlas sobre sus hombros?

Artesonado do teito da Farmacia Bescansa





  

19.- En la Praza do Toural está la antiquísima Farmacia Bescansa. ¿Cómo es el techo de esta farmacia?








20.- En la Rúa do Franco, cerca de la Praza do Obradoiro, está el Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. ¿Por qué es importante este hombre en Galicia? ¿Quién fue? (Hay que preguntarlo dentro)

21.- En el número 6/8 de la Rúa Nova está la “Casa das Pomas” (siglo XVII), ¿por qué se llama así?

Brais non as dou subido de dúas en dúas

22.- Sube las escaleras de la Praza de Praterías de dos en dos. ¿Puedes hacerlo? ¿Por qué? ¿Cuántos peldaños hay?

   














Martín con Maruxa e Coralia, singing in the rain
23.- En la Alameda, en frente del actual IES Rosalía de Castro, antiguo Colegio del Arcebispo Xoán de San Clemente, está la representación de “As dúas Marías”, o “As dúas en punto”. Pregunta en cualquier tienda del casco histórico quienes eran estas dos mujeres. ¿Cómo se llamaban? (Allí hay una placa).






David e Víctor con Alonso III
24.- En la Praza de Fonseca, está el Colexio de Fonseca. En el Claustro de este colegio se explica quien era Alonso III de Fonseca e que hizo. Copia lo que hizo.





25.- En la Rúa Nova está la Iglesia de Santa María Salomé (s. XVII-XVIII). En su interior, a la izquierda, hay un retablo donde encontramos unos ángeles con gafas o lentes. ¿En qué lugar del retablo están? Dibújalos.


David e Víctor en María Salomé
26.- En la Rúa Nova está la Iglesia de Santa María Salomé (s. XVII-XVIII). En el pórtico se representa una “virgen preñada”. ¿Cómo está vestida?






Fachada da Casa do Cabido
27.- En la Praza de Praterías,observa la fachada de la Casa do Cabido (siglo XVIII). Este edificio hace chaflán entre la Rúa do Vilar y la Rúa da Raíña. Mide la profundidad del edificio. ¿Para que crees que se construyó?

Brais na Fonte das Praterías





28.- Pregunta en cualquier joyería de la Praza de Praterías qué es necesario hacer para poder ver las colas de los caballos de la Fuente das Praterías.
                     


                                   

Uxía e Irene coa Raíña Lupa



29.- Encima de la Fuente de Praterías está representada la Raíña Lupa. ¿Quién fué esta mujer? (Preguntadlo en cualquier tienda de esa plaza)


 




30.- Pregunta en cualquier establecimiento de la Praza de Cervantes qué hay que hacer para poder ver los pies de las estatua de Cervantes en la fuente de la plaza.

31.- ¿Por qué le llaman a la Praza do Obradoiro la Plaza de Cataluña?


32.- En la Quintana hay dos partes, la Quintana de Vivos y la Quintana de Mortos. En la Quintana de Vivos está la llamada Casa da Parra. ¿A qué se debe este nombre?

Martín mira o ancho de  Entrerrúas
33.- La Rúa de Entrerrúas, a la izquierda del Bar Suso, Rúa do Vilar nº 65, es la más estrecha de Santiago, ¿qué anchura tiene?




Estephany e Uxía na Casa da Troia


34.- En la Rúa da Troia está la Casa da Troia, ¿por qué es tan famosa? ¿Qué hay actualmente en este edificio?




Brais e Víctor na Galería Sargadelos




35.- En la Rúa Nova, nº 16, está la Galería Sargadelos, con la cerámica fina más típica de Galicia. ¿Cuáles son los colores tradicionales de esta cerámica? ¿De qué lugar y de qué provincia gallega proviene?



36.- En la Rúa do Vilar, nº 16, hay una tienda de cerámica tradicional de Buño. ¿Con qué material se hace esta cerámica? ¿De qué lugar y de qué provincia gallega proviene?