10 de feb. de 2016

FOROGI: FORO GALEGO DA INMIGRACIÓN

FOROGI: Foro Galego da Inmigración

ENTREVISTAS SOBRE A CONVIVENCIA ENTRE DIFERENTES CULTURAS NUNHA CIDADE PATRIMONIO:

FOROGI é o  Foro galego da inmigración,  unha asemblea aberta en que participan unhas 80 asociacións de inmigrantes e entidades de carácter social, sindical e político para, entre outras fins, a promoción da integración intercultural e a sensibilización da sociedade galega en torno ao fenómeno migratorio.  Entrevistamos a Miguel Fernández Blanco, presidente de FOROGI, que
Pregunta: Cales son as finalidades máis importantes do Foro Galego da Inmigración?

      "O obxectivo fundamental é intentar defender os dereitos das persoas migrantes de Galicia. É dicir,que teñan os mesmos dereitos que o resto das persoas, e logo na mesma liña, intentar promover unha sociedade intercultural". 



Pregunta: Desde a vosa experiencia como Foro, cales pensades que son os inmigrantes aos que máis lles custa adaptarse á nosa cultura galega?

 "Non somos moi partidarios da palabra adaptación, porque entendemos que nunha sociedade intercultural as culturas teñen que ser iguais. Hai que intentar que entre todos vaiamos facendo unha cultura nova, na que haberá elementos máis propios de aquí e outros elementos doutras culturas (...). Compostela é un lugar bastante cálido, moito máis agradable que Madrid, Barcelona, lugares moito máis hostiles para vivir".




Pregunta:  En que área centra máis as súas actividades FOROGI? Que tipo de actividades organiza?

"Ultimamente tendemos a facer, fundamentalmente, actividades de denuncia, actividades nos centros educativos de promoción da sociedade intercultural, encontros entre asociacións de inmigrantes, grupos de inmigrantes, son actividades un pouco dese tipo porque como foro, o obxectivo é intentar facer visible o colectivo aínda que as entidades, cada unha faga outro tipo de actividades".



Pregunta: No Foro Galego de Inmigración encontrou algún tipo de discriminación?

 "Temos moitas contra as que loitar, algún caso de tratamento que consideramos racista con algún rapaz como vós. Outras moi sutiles, como esas discriminacións  que nós chamamos de "as olladas", a forma de mirar distinto..."




Pregunta:  Que pensades da forma de ser dos galegos e en concreto da xente de Compostela, somos abertos a outras culturas ou non? Considéradesnos respectuosos coas diferenzas culturais, lingüísticas, etc...?

  "Eu non percibo que haxa un especial sensibilidade dos galegos, nós falamos disto moitas veces, e fixemos algunha montaxe nos traballos que se facían nos institutos, por exemplo vinculando inmigración de agora dos países do terceiro mundo coa emigración galega..." 


 
Pregunta: Que visión cultural ou intercultural lle podería aportar un foro como FOROGI á sociedade galega?

Nós estamos intentando defender sempre unha sociedade intercultural na que as culturas interactúen, e nós chamámoslle INTEGRACIÓN. Estamos todos nun círculo, ven unha persoa de fóra e nós o que facemos é metelo dentro. Pero o que defendemos e o que cremos que sería unha sociedade intercultural, sería que as persoas rompesen ese círculo e se convertisen en individuos que fagan un círculo novo entre os que xa están aquí e os que veñen de fóra.  (...) Pero realmente o límite coas persoas estranxeiras en España, en Galicia e en toda a Unión Europea, é que as leis non son iguais para todos.



Pregunta:  É evidente que o mundo actual debería camiñar cara a unha interculturalidade, a un respecto e a unha tolerancia de cara ás diferenzas persoais e individuais, pensades que imos no bo camiño? Por que? Que propoñeriades vós para chegar a unha convivencia pacífica, tolerante, respectuosa, realmente efectiva?


O futuro ten que ser necesariamente intercultural, este é un proceso que non se pode frear, o que hai que procurar é que para que realmente sexa intercultural é o que vos dicia antes: ter leis iguais para todos. .

Ningún comentario:

Publicar un comentario