O VOLEY
Aínda que non sexa un deporte moi común, en xeral está enfocado para que o xoguen mulleres, pero tamén hai xogadores masculinos.
Os equipos de volei que hai en Santiago de Compostela, son moi
reducidos. De tan só tres equipos que hai, ningún ten a capacidade de ser
masculino pola reducida lista de nenos que se apuntan, posto que o
consideran como un deporte de nenas.
O volei é un deporte que require forza e resistencia. Se ao fútbol,
considérano moi masculino porque require esas cualidades de forzae resistencia que supostamente
as mulleres non teñen, non entendo por qué seempeñan en considerar que o volei é un deporte feminino.
Como
ex-xogadora dun club de volei santiagués, e actual xogadora nun equipo
das aforas de dita cidade, gustaríame ter a honra de xogar contra un equipo
masculino, porque me sentiría orgullosa de tentar, coa miña actuación, que a xente deixase aparcados
os prexuízos e non considerasen os deportes ou só de mulleres ou só de
homes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario