Con data 4 de Decembro de 1985, a cidadanía de Compostela recibiu unha moi boa nova: a UNESCO declara a Santiago de Compostela Patrimonio da Humanidade, título que se lle dá a determinados sitios e monumentos do planeta que se consideran de valor cultural ou natural universal excepcional, coa fin de catalogalos, preservalos e dalos a coñecer para herdanza común da humanidade.
![]() | ||||||||
Cidades españolas Patrimonio da Humanidade. / Javier Belloso. El viajero. Elpais.com. |
Compostela é unha cidade patrimonial, pero tamén posúe moita variedade de culturas: levamos oito séculos recibindo a xente de fóra através dos diferentes Camiños, entre os que o Camiño de Santiago Francés foi declarado tamén Patrimonio da Humanidade en 1993.
![]() |
Los Caminos de Santiago en España Fuente: montespino-elcaminodesantiago.blogspot.com |
No século XXI, a globalización está a mudar todo, pero Santiago segue sendo unha cidade acolledora de cara a todas as persoas que veñen de fóra, xa sexa como visitantes puntuais ou pensando en quedarse.
Iso pretendemos demostrar co noso traballo, que vivimos nun lugar que podemos cualificar como unha "Compostela patrimonial e intercultural".
Ningún comentario:
Publicar un comentario