ENTREVISTA
SOBRE A CONVIVENCIA ENTRE DIFERENTES CULTURAS NUNHA CIDADE PATRIMONIO
Emilio
José Fernández Rial, monitor e director de tempo libre, profesor,
traballa co voluntariado.
1.-
Poderías
dicirnos que se sente ao tratar con rapaces de distintas culturas?
Apréndese moito ou pouco deles? Son moitas as diversidades
relixiosas, culturais ou de procedencia que atopa unha persoa coma
ti?
É
unha experiencia moi satisfactoria e moi enriquecedora, porque se
aprende moito doutras culturas, doutras persoas, doutras
vivencias..., e aprendes a ver a vida dende outras perspectivas.
Respecto
ás diversidades que atopamos, si, atopamos moitas. Sobre todo son as
de procedencia, porque traballamos moito con xitanos, musulmáns e
con moita xente que ven principalmente de América Latina:
dominicanos, arxentinos, brasileiros, peruanos... A verdade é hai
bastante diferenza entre uns e outros.
2.-
Canto
tempo levas, dun xeito aproximado, tratando con xente tan distinta
aquí, en Santiago? Con que asociación ou asociacións colaboras
neste aspecto?
Eu
fago este ano dez anos, e traballo principalmente con Cáritas, e
tamén traballei coa asociación Feitizo.
3.-
Algunha
vez atopaches algún caso de discriminación por temas relixiosos,
culturais ou raciais? En caso positivo, como facedes para erradicalo?
Casos
grandes grandes moi pouco, é dicir, moitas veces a maior parte dos
conflitos que saen son pequenas cousas: algún insulto, algunha falta
de respecto, etc. Pero por sorte, nunca tiven que enfrontarme a un
gran conflito. Sempre utilizamos a palabra para erradicar estes
problemas. Falamos con eles por separado, logo reunímolos, indo pola
vía máis diplomática posible...
4.-
Aprecias
malos xestos nos nenos composteláns cara aos inmigrantes? E algún
tipo de rexeitamento cara a alguén diferente a eles?
Non,
hai de todo. Sempre hai algún rapaz que é bastante cruel, e hainos
que repiten o que oen na casa ou ven na tele, pero en xeral non
adoita haber moitos problemas con rapaces de distintas culturas.
5.-
Temos
entendido que se realizan actividades en Compostela nas vacacións de
Nadal e de Semana Santa. Apréciase un proceso de adaptación nestes
rapaces e nas súas familias con estes proxectos?
Si,
a verdade é que non é algo moi salientable, pero algo sempre se ve.
Pouquiño a pouco, ao ser actividades ao longo de todo o ano, e
practicamente continuas, pois vanse adaptando, hai algunhas que non,
outras que si; pero aos rapaces séntanlles moi ben.
6.-
Que
visión cultural ou intercultural lle poderías aportar a outra
persoa desde o teu punto de vista como persoa que trata con tanta
diversidade?
Pois,
que a xente non se peche, que trate con xente doutras culturas,
doutras nacionalidades, doutras ideas... porque sempre se enriquece.
Se che gusta o que está mostrando, pois perfecto; senón, cada un é
libre de expresar o que lle gusta. Pero é unha experiencia moi
enriquecedora.
Alex Calvo con Emilio José Fernández Rial
7.-
Paréceche
que Santiago é unha cidade acolledora con inmigrantes? Encóntraste
con moitos casos de discriminación?
Santiago
ten moitas asociacións e sociedades que axudan moito a integrar a
xente de fóra. E entón, polo que eu vin, hai moitos medios para
integrar á xente.
8.-
Á
hora de preparar actividades como as de vacacións ou mesmo durante o
curso escolar, tedes en conta algúns aspectos para fomentar a
tolerancia e o respecto? Poderías mencionarnos algúns? Estas
actividades fanse con algunha intención de inculcar a igualdade
aínda tendo diferenzas, por dicilo así?
Normalmente
o que tratamos é de que as actividades sexan o máis neutras
posibles, que non teñan moitos matices dunha cultura, a non ser que
sexan matices positivos, pero non adoitan estar orientadas cara
ningunha cultura particular.
Normalmente,
sempre que se fai a programación, as actividades teñen uns
obxectivos, e moitas veces os obxectivos son fomentar o respecto, a
responsabilidade, o traballo en equipo, a boa convivencia... e hai
algunhas máis específicas, como xogos de rol e demais.
9.-
Gústache
coñecer a rapaces e familias tan diversas? Pode resultar duro ou
complicado tratar con algúns casos de discriminación? Adoitas
aprender algo destas persoas?
Atopas
de todo: hai familias que son estupendas e outras coas que hai que
traballar un pouquiño máis. E como dicía ao principio, coñecer
xente sempre te vai enriquecer moito, coñecer outras formas de
pensar, de ver as cousas...
Hai
casos que poden ser un pouco complicados, porque nalgúns momentos
hai que ter un pouco de man esquerda, máis delicadeza para tratar
algúns conflitos sen chegar a molestar a alguén ou ferirlle os
sentimentos.
Sempre,
sempre adoito aprender destas persoas.
10.-
É
posible que vos chegue a afectar psicoloxicamente ver como sofren as
familias que acuden a vós?
Afectar
afecta, a cuestión é saber como dixerilo. Ter empatía é moi bo,
pero cando estás traballando en voluntariado, e sobre todo con
rapaces, tes que aprender a facerte, aínda que é un pouquiño
contraditorio, o corazón de pedra, para que non te afecte e non
personalizar os problemas dos demais, porque, senón, pouco lles
podes axudar.
11.-
Como
lle contarías a un neno pequeno como é este labor que realizas?
Moi
sinxelo, é un constante facer amigos, facer xogos, pasalo ben, rir,
chorar ás veces, moito cariño, moito tempo e sobre todo moita moita
imaxinación e moita implicación. É dicir, é unha experiencia que
a toda persoa que poida experimentala, lla recomendaría, e a un neno
pequeno, participar en calquera actividade que vexa que hai rapaces
doutras culturas, doutras etnias, doutros países..., vaino pasar ben
e vai saír moi feliz deste tipo de actividades.