29 de xan. de 2016

Najla Shami: Unha cidade patrimonio faite máis aberto!

Vivir nunha cidade patrimonio: ven moita xente de fóra, de todas partes, iso faite un pouquiño máis aberto

 
Najla  asegura "A historia está construída polos vencedores". "Non me gustan as estatuas que celebran a conquistadores que mataron moita xente" e responde neste apartado as seguintes cuestións:  

1.- Que visión cultural ou intercultural lle podería aportar unha persoa coma ti a unha persoa galega?
2.- Nunha cidade cunha marcada presenza católica como Santiago, sentícheste algunha vez desprazada por ter outra relixión/por provires doutras culturas relixiosas?
3.- Viches a imaxe de Santiago Matamoros na Catedral? Que sentiches ao vela? Que opinas dunha imaxe así?

Najla Shami: O que botaba en falta era ver cores de pel distintas pola rúa

"EU O QUE BOTABA SEMPRE EN FALTA AO CAMIÑAR POLA RÚA ERA VER CORES DE PEL DISTINTAS. AGORA QUE AS HAI, ENCÁNTAME, É ALGO QUE ME FASCINA E ATRAE"

 Najla Shami opina da INTERCULTURALIDADE E COMPOSTELA

 

Neste apartado responde as seguintes cuestións:

1.- Es unha persoa acolledora cos estranxeiros?. Es acolledora cos inmigrantes?
2.- Dános a sensación de que en Compostela sempre houbo un trato afectivo especial de cara aos palestinos, había moitos nos anos 70 e 80 que viñan estudar medicina. Paréceche correcta esta afirmación ou tés outra idea?
3.- Que pensas da forma de ser dos galegos e en concreto da xente de Compostela, somos abertos a outras culturas ou non? Considérasnos respectuosos coas diferenzas culturais, lingüísticas, etc...?
4.- Consideras que o feito de ser unha cidade patrimonio da humanidade fai de Compostela unha vila máis acolledora que outras cidades? Por que? Cres que Santiago é unha cidade acolledora con outras culturas e cos inmigrantes?


NAJLA SHAMI , UNHA PALMEIRA EN COMPOSTELA

NAJLA, UN NOME ÁRABE QUE SIGNIFICA PALMEIRA OU NENA DOS OLLOS GRANDES
  
 A nosa entrevista a Najla Shami, dividímola en cinco partes, tratando os temas dos que nos interesaba a súa opinión. Foron reporteiros Mudi Ashour, Nerea Santos, Alexandra Calvo e Jorge Rodríguez.
Neste apartado fálanos da súa vida. Najla é unha palmeira, con imensos ollos que miran todo con curiosidade e cariño.  
Preguntas: 
1.- Poderías facernos un pequeno resumo da túa biografía e dos lugares en que residiches e que influíron na túa formación como persoa?
2.- Foches á escola en Santiago? A cal ou cales? Sentícheste integrada? Lembras algún momento discriminatorio por seres filla de estranxeiro?
3.- Cantos anos da túa vida viviches en Compostela? Algunha vez sentícheste discriminada en Compostela pola túa apariencia física?
4.- Cal das tres culturas, árabe, galega ou arxentina, influíu máis en ti, no teu carácter, na túa visión do mundo?
                                           https://youtu.be/frGprxbzNI4

 De entre as súas respostas destacamos as seguintes afirmacións:

"Sempre me sentín moi integrada. Eu tiven moita sorte. Penso que é unha idiosincrasia do pobo galego, que son xente que recibe a todo o mundo cos brazos abertos, nunca notei ningún tipo de racismo, de malas maneiras, nunca".
"En min influíron as tres culturas xuntas. Ata agora tiven máis influencia da galega, pero agora moita máis influencia da árabe".

28 de xan. de 2016

OS QUE VIÑEMOS DE FÓRA

        OS QUE VIÑEMOS DE FÓRA


RECIBIMENTO E INTEGRACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

MUDI ASHOUR chegou desde Palestina:

Son Mohammed Ashour (Mudi), teño catorce anos, sete deles en Santiago de Compostela.  Cheguei a Santiago o día 19 de Decembro de 2007, e ata o día 8 de Xaneiro de 2008 non fun á escola. Fun ao primeiro curso de primaria en CEIP de Roxos. O primeiro día que fun alí foi algo estraño para min, xa que non coñecía a ninguén e todos falaban un idioma que eu non falaba nin entendía, pero consonte foi pasando o tempo, ía aprendendo a lingua mentres ía facendo novos amigos.
Encóntrome moi ben nesta cidade, pero sei que a miña integración foi grazas ao esforzo en parte tamén dos meus compañeiros e dos meus profesores,  de todos os que me deron aulas ata a actualidade, e dos que han de vir, estou seguro de que me ensinarán máis cousas das que sei. O trato tamén foi moi especial, sobre todo na escola, xa que era novo alí e non levaba tempo.

ESTEPHANY CRISTEL AGUILAR veu desde Perú:
 
Eu son Esthefany, teño catorce anos e son peruana, vouvos contar como foi o trato que recibín na cidade de Santiago dende que cheguei ata agora.
Levo aquí xa practicamente 5 anos, cheguei o 16 de maio do 2011, entrei ao colexio ¨La Milagrosa¨ o 15 de setembro dese mesmo ano. Como son moi tímida, o primeiro día, cando fun coa miña nai, non me separei dela, era como se tivese medo de todos os rapaces que estaban alí, todo era estraño... Despois duns días xa me integrara na clase grazas á amabilidade dos meus compañeiros de clase e aos profesores, aínda que non me relacionaba tanto con todos, tiña amigas que me ensinaban o que eu non sabía. Co tema da lingua non tiven problema, xa que non me parecía tan dificíl e adapteime rapidamente a ela.
Agora estudo no IES Eduardo Pondal, a maioría dos meus compañeiros do colexio están aquí, pero pouco nos relacionamos. Ao longo dos anos coñecín persoas que tamén son doutro país e sentinme ben con elas, e hai un rapaz que é de Palestina que vai na miña clase como o ano anterior.
Xeralmente síntome moi ben aquí en Santiago, aínda que non coñezo demasiado a cidade completa, quixera que as persoas me ensinaran moitas máis cousas que elas saben e eu non.

SOMOS INTERCULTURAIS?

                               SOMOS INTERCULTURAIS?

                                O alumnado de 3º ESO opina

LUCÍA BAÑOBRE: BRASIL, PERÚ, PALESTINA, INDIA... TODOS CABEN NA PEQUENA COMPOSTELA

 

 A interculturalidade que produce a inmigracion é moi importante á hora de pensar en Santiago. A mestura de culturas, a influencia na música, arte e linguaxe; a gastronomía... todo iso vese adaptado aos distintos costumes e gustos de cada persoa, veña de onde veña e sexa como sexa. Sempre me fixei no trato que se lle dá á xente estranxeira nesta cidade, e moi poucas veces me topei con casos de maltrato ou abuso. Na miña clase dende primaria sempre houbo xente de distintas partes do mundo: dende Brasil, Perú e Palestina, até Bolivia, Arxentina e a India, cada unha diferente á outra en todos os sentidos, pero todos e todas "persoas".

 

 CARLA COUSO: TODOS SOMOS HUMANOS E TODOS TEMOS OS MESMOS DEREITOS

Dende pequena levo convivindo na clase con inmigrantes, o que quere dicir que tiven trato con eles. Sempre foron ben acollidos, xa que cando somos pequenos non   distinguimos entre razas.
Polo contrario, na ESO, ese comportamento xa se ía 
distorsionando, xa se facían comentarios desagradables.               

No meu centro educativo fanse desprezos, pero non excesivamente. Penso que, cando menos, a maioría intenta non ter ese comportamento.  Ás veces fanse comentarios, pero non con intención de ofender.
Espero e desexo que os que teñan esa forma nefasta de pensar, fagan un esforzo para que lles desapareza da súa cabeza, xa que, ante todo, todos somos humanos e  TODOS temos os mesmos dereitos.


 MARTIN CABADA:   DE COMO EU ACEPTEI A MUDI


Eu estaba en primeiro de primaria e contáranme que viñera un neno árabe ao noso colexio, o CEIP de Roxos. El tiña a mesma idade que a miña, pero retrasárono un curso para que puidese aprender o noso idioma. Con él ía a súa irmá, Sara, que ten un ano menos ca el. Tras un ano de aprender a lingua, veu para a nosa clase e o primeiro día xa falamos e comezamos a ser amigos. Todos os recreos baixabamos e íamos xogar ao fútbol coa clase. Estiven con Mudi desde segundo de primaria ata sexto. Despois fomos ao IES Eduardo Pondal, queríamos que nos tocase xuntos, pero non foi así. Tocounos en clases distintas. En segundo da ESO nonvolvín a estar con el, pero estiveron Agustín Gallagher e Ramiro López. Con eles tamén estiven moi ben, sempre con eles, Ramiro é arxentino e Agustín é canario das illas Canarias. Non é doutro país, pero tampouco era de aquí. En terceiro da ESO por fin tocoume con Mohamed na mesma clase. Tamén con Stephany, que é de Perú. Con Agustín sigo en contacto e vou volvelo ver na excursión de Salamanca. Ramiro repetiu segundo, unha pena, pero se non estuda é normal que repita. Cando vin a Mudi na miña clase, alegreime moitísimo, porque quería estar con el na mesma clase, porque sei que íamos divertirnos moítisimo el e mais eu.



ALEJANDRA CALVO: A MIÑA PROPIA EXPERIENCIA COMO COMPAÑEIRA DE ALUMNOS INMIGRANTES

Cando era máis pequena, na etapa da primaria, compartín clase cuns cantos rapaces que eran inmigrantes. Sempre procurábamos, os meus compañeiros máis eu, que se integraran e fixeran amizades, para conseguir que e sentisen como na casa. Sempre xogabamos xuntos e facíamos tarefas en grupo con eles, sen ningún tipo de prexuízos. Non os tratabamos como se fosen algo diferente, nunca fomos así.

De feito, lémbrome dun rapaz que é moldavo e chegou a Galicia hai catro anos. Cando veu para aquí non sabía falar castelán e, moito menos, galego. Recordo perfectamente que o xeito de comunicarnos con el ao principio era complicado, pero pouco a pouco fomos ensinándolle o que sabíamos, e con moita paciencia. Este verán encontreime con el e puiden comprobar que seguía sen ter ningún problema de discriminación, nin nada polo estilo. 
Unha vez entrei no IES Eduardo Pondal, atopei moita máis variedade de culturas, razas e relixións das que eu estaba acostumada. Pero a miña visión non cambiou. 
A min, persoalmente, gústame coñecer xente doutras culturas, porque con eles podes aprender e descubrir costumes ou curiosidades que non sabía, e eu podo ensinarlles as de aquí. É un bo xeito de adquirir tolerancia e respecto.

BRAIS RODRÍGUEZ ALBÁN: COMPOSTELA SEN CHOIVA QUE BONITA É....

A pesar de que Santiago non é una cidade demasiado grande, pois só ten cerca de 100.000 habitantes, presenta unhas características especiais que a igualan con cidades moitísimo máis grandes: a grande cantidade de xente de todo o mundo que a visita cada ano.
Ao ser unha  cidade tan cosmopolita, resulta atractiva para a xente doutros países que buscan unha oportunidade para mellorar a súa calidade de vida e encontrar un traballo.
Por todo iso, Santiago é unha cidade moi acostumada aos estranxeiros, se paseas pola zona vella podes pensar que non estás nunha cidade galega, pois podes escoitar moitos idiomas diferentes. Eu creo que todo isto axuda a que aceptemos aos estranxeiros como parte imprescindible da cidade, e axuda a sentirnos orgullosos de que queiran a cidade como destino para vivir ou simplemente para visitar. Paréceme que as persoas inmigrantes se senten aceptadas e conviven cos santiagueses como se fósemos  paisanos, somos hospitalarios por natureza.
O único ao que creo que non se afan, pero non podemos facer nada, é ao clima tan chuvioso, creo que iso é o que peor leva a xente que decide quedarse a vivir aquí.

25 de xan. de 2016

SANTIAGO EN CHOIVA


"Santiago en choiva" é unha composición de Lucía Bañobre Álvarez,  interpretada a piano pola propia Lucía. Achegamos a partitura da composición, do seu puño e letra.


800 anos da nosa Catedral

 Na seguinte ligazón poderedes ver unha presentación de diapositivas sobre a evolución na construción da catedral de Santiago.



https://docs.google.com/presentation/d/18ChPwFMETYt9X3J6qbByZoDncRCEg55g0On0SAgX-ak/pub?start=true&loop=false&delayms=5000